«¿Qué é Boa Vida Inclusión Activa?» por Aurora Coego.

By 08/11/2014Blog

En este apartado queremos dar cabida a reflexiones e ideas de todos aquellos que forman parte de nuestra comunidad.

Hoy es el turno de nuestra colaboradora Aurora Coego de  Asociación Boa Vida Inclusión Activa.

logoBoaVida_rgb

A nosa Asociación traballa para disminuir as desigualdades, fortalecer capacidades e mellorar o acceso a oportunidades, a través da formación e o traballo conxunto.

Está formada por persoas en risco de exclusión ou en situación de exclusión e polos técnicos que as acompañamos.

Estamos levando a cabo os seguintes proxectos:

  1. PROXECTO CAMIÑO EMAÚS: Boa Vida colabora cos Traperos de Emaús Navarra. Pretendemos a creación dunha empresa de inserción que basa a súa actividade na recollida, selección e aproveitamento dos residuos (neste intre roupa, xoguetes, zapatos, e outro textil) para a súa posterior reutilización ou reciclaxe. Pretendemos conseguir as tres R: Reducir o consumo, Reutilizar e Reciclar materiais como: aluminio, cobre, plásticos, ferro, papel, textil, materia orgánica), crear postos de traballo para persoas en situación de exclusión ou risco de exclusión social de Pontevedra ademáis pretende permitir o acceso a persoas con menos recursos a prendas de roupa que doutro xeito non poderían conseguir e tamén a todas aquelas persoas que gusten de comprar prendas de segunda man ou que queiran colaborar cun proxecto social. Precisamos recoller 12 toneladas de textil (actualmente conseguimos uns 8000 kilos) en Pontevedra, para a súa posterior reutilización. Con isto, ademáis de conseguir os  fondos para a creación da empresa, participaríamos da man na mellora e conservación do medio ambiente.
  1. ACTIVIDADES NA RÚA:  Comezamos esta semana aproveitando que o venres 17 é o día da loita contra a pobreza a recoller firmas pola Renda Básica
  2. OFICINA DE DEREITOS E DEBERES SOCIAIS: 2º e 4º xoves de cada mes no Local da Gradicela r/ Cruz Vermella 16 Baixo. Pontevedra.
  3. ITINERARIOS DE INSERCIÓN SOCIAL: coa concesión dunha importante subvención estamos a desenvolver itinerarios de inserción social co fin de acompañar na busca de emprego, formación ou na mellora persoal
  4. VIVENDA COMUNITARIA: gracias a unha construtora que nos cedeu unhas casas na Rúa Santiña podemos ter unhas oficinas e iniciamos un proxecto de vivenda comunitaria na que habitan dúas persoas que estaban nunha situación moi precaria. Este proxecto conleva o apoio dunha educadora social e un dinamizador comunitario para velar pola boa convivencia.

Traballamos no día a día, seguimos agardando a entrada na Rede Axuda, xa somos Entidade Prestadora de Servizos Sociais e estamos incluídas na EAPN (Red Europea de Lucha contra la Pobreza y la Exclusión Social).

Para calquera cuestión podedes acercaros a coñecernos na Rúa Cruz Vermella, 16 e ou tamén na Rúa Santiña nº55. Pontevedra (Horario de 10 a 12 horas de luns a venres. Martes de 17 a 19 h).

Un abrazo e gracias.

Aurora.