«Travesía Cebola» por Eliana B. Collazo.

By 13/10/2015Blog

cebolla

Emocións que se negan a saír e quedan enquistadas no noso interior. Capa sobre capa que lonxe de protexernos nos fai vulnerables.

Perdido/a nese mar descoñecido, non te recoñeces. En que momento sucedeu? Cando deixei de encaixar no meu pelello? Boto a vista atrás sen ser quen de atopar o punto onde perdín o rumbo. Cúlpome, busco modos perversos de castigarme sen ser consciente disto. Pero que te estás dicindo a ti mesmo/a? Tes ao inimigo dentro e nin sequera te decatas!!! 

Un día todo cambia. Tomas conciencia de que algo non anda ben en ti e pides axuda. Ese é o principio do camiño que leva a despoxarte, unha a unha, das capas que te illan no interior. As primeiras son doadas de quitar, case é como un xogo pero… canto máis avanzas, máis doloroso é a travesía. Hai momentos nos que queres regresar pero xa non é posible, só queda seguir ata o final. Medo, inseguridade, ansiedade, ira, rabia pero tamén satisfacción, ledicia, descubrimento… acompáñante neste deambular que te conducen ao autocoñecemento e a toma de consciencia de quen eres.

A travesía emprendida e o aprendido durante o recorrido compoñen os 14 relatos ilustrados (obra de Javier César Niño), recollidos baixo o título de «Travesía Cebolla o de cómo liberarse de las capas que nos ahogan«, publicado a través de Smashwords Edition.

Confío que a súa lectura sexa do voso agrado e invítovos a compartir as preguntas, sentimentos, sensacións que vos suscitan, ao fin e ao cabo todas/os, nalgún momento, deambulamos por Travesía Cebola 🙂 

Unha aperta.

Eliana.

 

 

 

Leave a Reply