Hoxe tivemos unha visita moi especial, 25 rapaces e rapazas de Soutomaior que participan do programa promovido pola Xunta de Galicia, «Deseñando o teu futuro!» e impulsado pola Concellaría de Xuventude do Concello de Soutomaior para xóvenes de entre 14 e 18 anos.
Os nosos coworkers Cris Fariñas , Ana Cidre, Mónica Miranda e Oscar Torres, contaron de primeira man as súas experiencias laborais, e traxectorias ata o día de hoxe. Historias de cambios, de descubrimentos e revelacións persoais.
«Todo axudoume moito e a non agobiarme tanto cara ó futuro, porque sempre podo cambiar..», «Me sirvió para darme cuenta de que tengo que hacer lo que quiero, y no sólo porque me de dinero..» son algunhas das frases que os rapaces nos deixaron da súa experiencia desta mañá.
Eles quedaron con ganas de máis e recoñecían certo «cacao mental» pero tamén moitas «ideas» e «ilusión», pero nós quedamos con moitas máis ganas ca eles para seguir participando de experiencias coma estas. Agardamos repetilas!
Apertas.
María.
Comentarios recientes