Cando nos seleccionaron para participar na I Edición do programa Arela, ningún de nós sabiamos o que nos iamos a atopar. Ao longo das sesións puidemos ir descobrindo as nosas competencias persoais e profesionais, aprendendo a xestionar as nosas emocións, coñecendo novas formas de escoitar aos demais…, pero non de xeito individual, senon no contexto dun equipo de traballo que sempre estaba ahí para ir crecendo xuntos.
E agora que hai máis de tres meses dende que rematou a I Edición, que pasou con ese equipo? Como estamos agora? Seguimos percorrendo o camiño de cambio e colaboración que iniciamos en Arela? A resposta é si, SI en maiúsculas: a primeira edición de Arela convertiuse en Raiola, un equipo organizado con reunións semanais que ten como obxectivo tentar contaxiar no seu entorno as ganas de facer as cousas dun xeito diferente, un xeito que pon ás persoas en primeiro lugar e a colaboración entre elas como eixo do cambio.
O primeiro chanzo para ir avanzando cara ese obxectivo é a organización dun evento de emprego, en colaboración có Concello de Pontevedra, que se levará a cabo na cidade o vindeiro 15 de outubro: “Raiola dá, e ti? I Xornada de empregabilidade”. Nel poderase atopar dende charlas inspiradoras de persoas que teñen moito que contar ata obradoiros sobre redes sociais, habilidades emocionais, elaboración de CV diferenciadores, imaxen persoa, etc.. Ademáis, haberá a posibilidade de xuntar a empresas e persoas na procura de novas oportunidades dun xeito lúdico e distendido, fora da rixidez habitual á que estamos afeitos.
Con esta xornada queremos mostrarlle á sociedade e especialmente ás persoas que se atopan en situación de procura de emprego que unha forma de facer as cousas é posible, e que se decides actuar dun xeito diferente, os resultados que obterás tamén serán diferentes!!
pd. A segunda edición do Arela está en camino, aínda podedes inscribirvos neste link!.
Apertas!
Noela.
Comentarios recientes