Como axudar ós montes despois dos incendios.

By 17/10/2017Blog

Comunicado de Sociedade Galega de Historia Natural sobre a dramática vaga de lumes en Galicia
Se unha imaxe vale máis que mil palabras, véxase a portada da publicación de SGHN do ano 1983, “visionaria” do problema e das súas consecuencias.
SGHN diante da proliferación de recetas para axudar a paliar a lamentable situación na que quedan os montes despois desta vaga de incendios, manifesta o seguinte:
–       Desaconsellamos fortemente o emprego indiscriminado de sementes para cubrir as zonas queimadas.
–       É difícil, cando non imposible, atopar sementes autóctonas garantidas tanto na súa orixe (do mesmo lugar de onde se vai sementar) como que se correspondan realmente a especies autóctonas.
–       Na meirande parte dos casos non se sabe realmente o que se vai botar e os posibles efectos perniciosos que no futuro poidan ter: especies vexetais exóticas invasoras.
–       En moitos sitios non se debería pisar tralos incendios, pois acelera o proceso de erosión coas choivas e a compactación do solo.
–       Desaconsellamos enerxicamente o emprego de especies pratenses (as usadas para os campos de herba, pradarías artificiais, etc) pois son en moitos casos especies alóctonas, algunhas delas de carácter invasor (que logo reducirán a posibilidade de asentarse as especies autóctonas).
–       O emprego inaxeitado de sementes é unha preocupación grave en EEUU. En moitos estados esíxese que as sementes estean certificadas conforme están libres de especies alóctonas e invasoras.
–       Un mal menor sería empregar cereais, pero deberían ser estériles para que unha vez completado o seu proceso non deixaran pegada.
–       Unha boa intención non ten por qué dar bos resultados.

SOCIEDADE GALEGA DE HISTORIA NATURAL
Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o medio natural galego

Apartado de Correos nº 330 ; 15780 SANTIAGO DE COMPOSTELA
www.sghn.org               sghn@sghn.org

Leave a Reply