ARI (Abrazando a Risa Interior) é un método para conectarse coa emoción máis elevada do ser humano, aquela que nos leva á paz interior, a ALEGRÍA. Para conseguilo debo observarme sen xuízos, iniciar un camiño cara o interior, transmutar as demais emocións colcándoas en perfecto equilibrio, creando así unha base sólida na que sosterme para finalmente conseguir conectar coa miña esencia. A risa, don innato do ser humano, está recoñecida como un dos xeitos de comunicación máis primarios e que, en todas as culturas é mostra de satisfacción e alegría. Este camiño pode semellar ás veces complicado, por iso este método propón dinámicas sinxelas, traballos de respiración e outros baseados no ioga da risa ademais de consciencia corporal e relaxación. Fomentamos, como ferramenta principal, o uso da risa sen humor e a respiración profunda activando así unha serie de cambios fisiolóxicos no noso organismo que van máis alá de provocar un simple benestar senón que representan unha fonte irrefutable de saúde.