“Para educar é necesaria a tribu enteira” “Se queres chegar rápido, camiña en soidade. Se queres chegar lonxe, vai en compañía ”
Estes dous proverbios resumen a miña forma de traballar e de estar no mundo. Logo de anos de experiencias en organización, decido tomar un camiño propio da man da miña maternidade. Canto lle teño agradecido a esta experiencia. Sinto que estou, onde a aprendizaxe me levou. Fago o que me move, grazas a todas e cada unha das persoas da miña rede. Os meus valores son os pilares e a psicoloxía a miña ferramenta de traballo.